Estudo e (re)definición e divulgación do concepto do traballo dende unha óptica feminista, a través da creación de espazos de reflexión en común.
Formación e auto – formación centrada nos eidos legal, laboral, económico, tecnolóxico, cultural, social, psicolóxico, grupal/traballo en grupo...dende unha óptica feminista.
Denuncia, visibilización e sensibilización sobre as discriminacións por razón de xénero, racialización, diversidade funcional, económicas, sociais, políticas … que se reproducen no traballo.
Denuncia, visibilización e sensibilización sobre as violencias machistas que se reproducen no traballo.
Creación e difusión de ferramentas de apoderamento feminista.