Principios e valores:
feminismo*, responsabilidade compartida, autoformación para a autonomía,
organización non xerarquizada, reflexión constructiva, eficacia, flexibidade, acción,
compromiso, diversidade, coidados das individualidades e do común, respecto,
recoñecemento do traballo, e dereito á diversión, deconstrucción activa dos
estereotipos/papeles de xénero/masculinidades/feminidades...
*Feminismo: praticamos e defendemos o feminismo como un lugar de encontro e debate común que reocñece a súa propia diversidade e diferenzas internas, incluíndo o transfeminismo e o feminismo interseccional.
Como ser parte?
A Asociación de Estudos Laborais Feministas é fundamentalmente unha
organización de socias/axentes participativas, polo que se espera que se participe
regularmente e/ou gradualmente do espazo e das formacións, dacordo á
dispoñibilidade, e que se coñezan os seus valores e principios e se divulguen.
Aquelas persoas que desexen apoiar ao proxecto pero non podan ou queiran ser
socias, e portanto asumir o que implica, poden facelo a través da divulgación do
mesmo e/ou a través de doacións.
Quen pode ser socia?
Poden ser parte da asociación as mulleres, as persoas non-binarias* e homes
cisxénero* que compartan os principios, valores e obxectivos da asociación, e se
comprometan cos acordos de traballo, trato e formación básica interna.
Co fin de seguir os nosos propios principios e valores priorizarase e promoverase a
seguridade, representatividade e visibilidade na asociación das persoas mulleres,
non-binarias, racializadas, con diversidade funcional, lgtbiq+ sobre outras
identidades con maior presencia e valorización na sociedade atual.
Por modelo de funcionamento e incompatibilidade de prioridades e obxectivos non
poden ser parte da asociación nen partidos políticos nen sindicatos.
Con plataformas e outras asociacións poderanse establecer alianzas pero non
poderán ser socias como coletivo de Aselafem. Aselafem tampouco será socia
doutras asociacións.
*Defínense persoas non-binarias como aquelas que se sitúan fóra da polaridade masculino-feminino, non como algo intermedio, senón como identidades con realidade propia fóra das estruturas de xénero, traducíndose esta identidade na súa forma de nomearse, expresarse e vivir a cotidianidade.
*Defínense como homes cisxénero, aquelas persoas que se identifican e/ou expresan dacordo ao sexo-xénero masculino atribuído socialmente/no momento de nacimento.